É un servizo gratuíto e confidencial que intenta axudar a resolver conflitos que se producen no ámbito educativo nos centros de secundaria do noso municipio a alumnado, profesorado, equipos directivos, pais/nais e todo o persoal que traballe ou estea vinculado aos centros de ensino secundario do Concello de Ribeira.
Cada caso de mediación corre a cargo de dous mediadores que, preferentemente, non son docentes do centro onde se produce o conflito.

Nunha primeira fase realizouse un proceso de formación de mediadores (coa colaboración de profesorado das Universidades de Cádiz, Valladolid e Madrid: Carlos Guillén, Raúl Gestoso e Antonio Ares) a través da constitución dun grupo de traballo en colaboración coa consellería de educación. No 2009/10 realizaronse as prácticas de mediación, elaboración de materiais e a campaña de difusión do proxecto a toda a comunidade educativa e comenzou a funcionar o Servizo de mediación. Durante este curso condeceusenos un prexecto europeo Comenius Regio que supuso un intercambio de experiencias en mediación e resolución de conflitos coa rexión de Puglia en Italia (concellos de Vieste e Bari) no que se creou un espazo de cooperación internacional e de experiencias non só no ámbito escolar senón tamén no comunitario.

A finalidade principal do servizo de mediación é introducir a mediación educativa como ferramenta útil para a resoluión de conflitos, pero máis alá dunha simple técnica a mediación forma parte dunha cultura de paz que mellora a convivencia e o clima escolar e que promove principalmente a participación e o consenso.

Non se pretende exclusivamente eliminar conflitos senón transformar os contextos onde se producen e romper as barreiras entre os diferentes sectores da comunidade educativa á vez que supón un traballo coordinado entre os sete centros de secundaria do concello de Ribeira.

No ano 2010 fomos finalistas nacionais do Premio á Acción Magistral 2010 da Fundación de axuda contra a drogadicción (FAD) e a Comisión nacional española de cooperación coa UNESCO.

Dende o ano 2010 ata a actualidade este servizo leva intervido en máis dun centenar de mediacións (tanto mediación paritaria entre alumnado como en mediación entre profesorado-alumnado, AMPAs-equipos directivos, etc e tanto en mediacións grupais como individuais.

Impartimos cursos de formación en centros de ensino e formamos en técnicas a profesorado e equipos directivos.