PROGRAMA DE RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS: MEDIACIÓN EDUCATIVA E XUSTIZA RESTAURATIVA NO ÁMBITO ESCOLAR E LOCAL. BALEARES-GALICIA

Esta concurrencia foi, inicialmente, circunstancial aínda que con posterioridade a esta dinámica de traballo, os profesionais que solicitamos a axuda para desenvolver este programa, caímos pronto na conta de que coexistían entre nós as mesmas inquietudes e ideas sobre a necesidade de incorporar novas estratexias e metodoloxías na xestión dos conflitos no ámbito escolar e que asemade, estábamos desenvolvendo nos respectivos centros de orixe, experiencias que podrían ser perfectamente complementarias. Asemade, foran significativos os beneficios comunitarios resultantes de experiencias previas realizadas polas institucións solicitantes de ambas rexións en programas de colaboración europea, como os Programas Europeos Sócrates convocados por la OAPEE (Comenius e Grundtvig pola parte de Baleares e Comenius Regio pola parte galega)
Neste programa participaron catro centros educativos de Baleares e os sete centros de secundaria do concello de Ribeira
Como impulsores deste programa vimos a necesidade de establecer pontes e cauces de colaboración ao ter apreciar que en ambas zonas xeeográficas estabanse experimentando, e levando a cabo, prácticas pedagóxicas orixinais, e dunha moi significativa calidade. Por elo, xuzgouse que sería moi enriquecedor poder compartilas, co propósito de poder exportalas a outras realidades e contextos socioeducativos. Unha das apreciacións que recurrentemente os docentes deste país detectamos é a notable incomunicación que, no plano pedagóxico, existe entre as distintas rexións educativas do territorio español. Polo tanto, tiñamos a certeza de que debíamos visibilizar as prácticas pedagóxicas poñendo en valor a indudable calidade educativa dos docentes das distintas comunidades autónomas, así como amplificar e divulgar as experimentacións educativas máis ilustrativas. Destacar como garante da eficacia de este programa a amplia participación en actividades de renovación pedagóxica e colaboración multilateral dos participantes nesta acción. 


O Obxectivo xeral deste proxecto foi a colaboración bilateral en materia de servizos socioeducativos e comunitarios, na resolución pacífica de conflitos, a mediación educativa e a Xustiza Restaurativa entre centros de Baleares e Galicia, potenciando o prestixo e a visibilización da profesión e a práctica docente.

O programa desenvolveuse no curso académico 2014/15 e estruturouse en dúas fases.

Do 27 ao 30 de novembro 2014 en Ribeira e Do 12 ao 15 de novembro de 2015 en Ibiza