SERVIZO DE MEDIACIÓN
- Finalistas nacionais do Premio á Acción Magistral no ano 2010 da Fundación de axuda contra a drogadicción (FAD) e a Comisión nacional española de cooperación coa UNESCO.
- Concesión da distinción do Selo de Calidade Centro Magistral, da Fundación FAD/UNESCO, no 2012 a todos os centros participantes no servizo de mediación
PROXECTO LIBERTAS
Libertas foi elixida como o evento cultural de 2017 no marco do convenio de cooperación luso-galego do
Programa Nortear a proposta da Xunta de Galicia. Abril 2017. Exhibición no Museo Alberto Sampaio de Guimâraes (Portugal) cun inusitado éxito de público, que se contabilizou por milleiros de persoas. Realizáronse visitas didácticas e un acto poético literario para a inauguración. Co-coordinaron a Xunta de Galicia e a Dirección Rexional de Cultura de Norte de Portugal.
- Finalistas autonómicos do Premio Acción Magsitral FAD 2017
- Premio Iberoamericano de Educación en Dereitos Humanos “Óscar Arnulfo Romero” otorgado pola Organización de Estados Iberoamericanos, a Fundación SM e o Ministerio de Educación e Formación Profesional de España na súa terceira edición no ano 2019.
IMER
Premio Deputación Coruña: I Premio pola Paz, convivencia e dereitos Humanos.
Co ánimo de recoñecer accións positivas de fomento da cultura de paz, a Deputación da Coruña, en sesión plenaria, acordou a convocatoria do I Premio pola Paz, a Convivencia e os Dereitos Humanos. A súa finalidade é outorgar o recoñecemento da Deputación Provincial da Coruña a aquelas iniciativas, investigacións ou experiencias de carácter escolar, educativo, social, empresarial ou cultural que promovan a resolución pacífica de conflitos, os dereitos humanos, a cultura da non violencia, o respecto, o entendemento, a concordia e a convivencia democrática dentro do ámbito territorial da Provincia da Coruña, ou de Galicia, ou ben noutros territorios cando se realicen a través de proxectos de cooperación e as entidades ou persoas que os desenvolven teñan sede social na Provincia da Coruña. A través do Servizo de Desenvolvemento Territorial e Medio Ambiente desenvolveuse a convocatoria desta primeira edición sendo galordonado o IMER co primeiro premio.
