
Setembro de 2016. Presentación e exhibición de Proxecto Libertas no 82º Congreso Internacional do Pen Internacional celebrado do Centro Cultural Marcos Varcárcel de Ourense, coa presenza de delegacións de case 50 países, coa presenza na inauguración de Laura García Lorca, presidenta da Fundación Federico García Lorca.
Marzo-abril de 2017. Presentación e exhibición no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, con récord de visitantes (case 1500 persoas en 3 semanas); 30 visitas didácticas; obradoiros para escolares; concursos para escolares; programas especiais para colectivos con diversidade funcional, terceira idade, diversos colectivos sociais, etc.
Abril 2017. Exhibición no Museo Alberto Sampaio de Guimâraes (Portugal) cun inusitado éxito de público, que se contabilizou por milleiros de persoas. Realizáronse visitas didácticas e un acto poético literario para a inauguración. Co-coordinaron a Xunta de Galicia e a Dirección Rexional de Cultura de Norte de Portugal.
Libertas foi elixida como o evento cultural de 2017 no marco do convenio de cooperación luso-galego do Programa Nortear a proposta da Xunta de Galicia.
Abril 2018, Exhibición na Casa de Cultural Raquel F. Soler da Pobra do Caramiñal, coa colaboración da Concellería de Educación e Cultura deste Concello. Os visitantes foron cerca dun milleiro e realizáronse visitas e actividades didácticas para alumnado de centros educativos e de colectivos sociais (terceira idade, amas de casa, asociacións diversas como de reinserción de drogo dependentes, con diversidade funcional, etc.).
Novembro de 2018 na Universidade da Coruña.
Febreiro-marzo de 2019 na Fundación Camilo José Cela de Padrón
