
O precedente esencial deste proxecto, foi a coincidencia dun grupo de profesores e profesoras nun. grupo de traballo durante a segunda edición do encontro Acción Magistral organizado por la Fundación FAD/UNESCO, que tivo lugar en setembro de 2013 en Madrid.
Neste programa participaron catro centros educativos de Baleares e os 7 centros de secundaria de Ribeira representados polos membros do IMER e tiña como finalidade a colaboración bilateral en materia de servizos socioeducativos e comunitarios na cultura de Paz, a resolución pacífica de conflitos, a mediación educativa e a xustiza restaurativa.
O programa desenvolveuse nos anos 2014 e 2015 e estruturouse en dúas fases nas que tiveron dous encontros un en Ribeira (do 27 ao 30 de novembro de 2014) e en Ibiza do 12 ao 15 de novembro de 2015.
Esta concurrencia foi, inicialmente, circunstancial aínda que con posterioridade a esta dinámica de traballo, os profesionais que solicitamos a axuda para desenvolver este programa, caímos pronto na conta de que coexistían entre nós as mesmas inquietudes e ideas sobre a necesidade de incorporar novas estratexias e metodoloxías na xestión dos conflitos no ámbito escolar e que asemade, estábamos desenvolvendo nos respectivos centros de orixe, experiencias que podrían ser perfectamente complementarias. Asemade, foran significativos os beneficios comunitarios resultantes de experiencias previas realizadas polas institucións solicitantes de ambas rexións en programas de colaboración europea, como os Programas Europeos Sócrates convocados por la OAPEE (Comenius e Grundtvig pola parte de Baleares e Comenius Regio pola parte galega)
Neste programa participaron catro centros educativos de Baleares e os sete centros de secundaria do concello de Ribeira
Como impulsores deste programa vimos a necesidade de establecer pontes e cauces de colaboración ao ter apreciar que en ambas zonas xeeográficas estabanse experimentando, e levando a cabo, prácticas pedagóxicas orixinais, e dunha moi significativa calidade. Por elo, xuzgouse que sería moi enriquecedor poder compartilas, co propósito de poder exportalas a outras realidades e contextos socioeducativos. Unha das apreciacións que recurrentemente os docentes deste país detectamos é a notable incomunicación que, no plano pedagóxico, existe entre as distintas rexións educativas do territorio español. Polo tanto, tiñamos a certeza de que debíamos visibilizar as prácticas pedagóxicas poñendo en valor a indudable calidade educativa dos docentes das distintas comunidades autónomas, así como amplificar e divulgar as experimentacións educativas máis ilustrativas. Destacar como garante da eficacia de este programa a amplia participación en actividades de renovación pedagóxica e colaboración multilateral dos participantes nesta acción.
O Obxectivo xeral deste proxecto foi a colaboración bilateral en materia de servizos socioeducativos e comunitarios, na resolución pacífica de conflitos, a mediación educativa e a Xustiza Restaurativa entre centros de Baleares e Galicia, potenciando o prestixo e a visibilización da profesión e a práctica docente.
Obxectivos específicos:
- Potenciar as prácticas docentes singulares.
- Exportar prácticas pedagóxicas locais a outras comunidades.
- Poñer en contacto distintas realidades sociais e culturais.
- Establecer cauces eficaces de colaboración en materia educativa.
- Fomentar a Cultura de Paz, a resolución alternativa e pacífica de conflitos, a mediación educativa e a Xustiza Restaurativa.
- Impulsar o coñecemento de servizos comunitarios locales singulares, como os Programas de prevención de hábitos saudables nas escolas, Programas antiacoso escolar, Programas de sexo seguro y enfermedades de transmisión sexual, Servizos de educación non formal, etc.
- Impulsar a participación da Comunidade na actividade docente.
- Promover a apertura da escola ao entorno e a outras realidades sociais e xeográficas
- Favorecer o incremento da profesión e práctica docente como riqueza singular e prioritaria da comunidade.
- Potenciar o Voluntariado entre o alumnado, tanto a través da súa participación como mediadores en conflitos, como a través da figura de facilitador en reunións restaurativas e círculos restaurativos.
- Implicar ao alumnado e ás familias en accións de dinamización do Centro na súa relación co entorno socio-cultural.
O programa desenvolveuse no curso académico 2014/15 e estruturouse en dúas fases.
Do 27 ao 30 de novembro 2014 en Ribeira e Do 12 ao 15 de novembro de 2015 en Ibiza
