
Participaron neste programa o concello de Ribeira e catro concellos italianos Vieste, Bari, Vico do Gargano, e Peschici.
Entre as actividades realizadas houbo un curso de 50 horas de formación en Mediación, a realización de encontros profesionais internacionais sobre distintas temáticas nos que se impartiron un total de 17 relatorios en 3 reunións internacionais sobre distintas temáticas: o servizo de mediación educativa de Ribeira, obradoiros de prevención de drogodependencias, de acoso, recursos comunitarios, etc..
Obxectivos:
- Crear un espazo real de cooperación internacional entre as rexións italiana e galega co fin de intercambiar experiencias comunitarias, especialmente no ámbito socio-educativo.
- Desenvolver a investigación de metodoloxías e didácticas novedosas en diversas materias; prioritariamente, na área da resolución e mediación pacífica de conflictos.
- Desarrollar e intercambiar experiencias no ámbito comunitario, tales como: multiculturalidade, reducción de abandono e fracaso escolar, prevención de drogodependencias, etc.
- Impulsar de forma activa a pertenza a un espazo común europeo a través do fomento da cidadanía europea en todos os individuos dos estamentos e institucións participantes.
- Facilitar o contacto directo e a movilidade, do persoal participante (profesorado, políticos, técnicos, etc.) con colegas de outro país.
- Posibilitar que este proxecto estimule e posibilite un futuro e ulterior traballo de colaboración internacional entre ambas comunidades.
- Mellorar as destrezas e habilidades sociais e comunicativas dos implicados e coñecer as identidades culturais e lingüísticas das dúas rexións.
Actividades realizadas:
- Curso de 50 horas de formación en Mediación.
- Realización de dos encontros profesionais internacionais sobre distintas temáticas. En total impartironse un total de 17 relatorios en 3 reunións internacionais.
- O “Servizo de Mediación Educativo” de Ribeira. Estrutura, funcionamento e xestión.
- Os programas de prevención da Asociación antidroga Renacer.
- Recursos comunitarios no Concello de Ribeira.
- A lucha contra a mafia: as asociacións antiraket.
- O Centro de Mediación do Liceo Vico do Gargano.
- Grupo de continuidade e contraste de conflitos.
- Escuchar las razones de los otros para hacer de la Mediación un estilo de vida.
- A Asociación Astrea: el anti-.stolking . Acoso.
- Regulación de centro e xestión dos conflitos.
- Programa escolar de seguridade na carretera.
- Alternancia escola-traballo.
- Outras actividades: visitas aos centros educativos e sociais dos distintos concellos das dúas rexións, recepcións oficiais
- Acordos de colaboración posteriores ao proxecto: un convenio para a implementación do programa galego sobre prevención e tratamento de drogodependencias e outro sobre a aplicación do modelo galego de mediación escolar en dúas escolas da rexión italiana.
Materiais realizados; libros e CD cos relatorios:
Asemade, nas visitas de traballo asistiron delegacións compostas por profesionais da educación, políticas, sociais, etc., o que facilitou unha maior permeabilidade do proxecto nas realidades sociais de ambas rexións.
